Benvidos a nosa Biblioteca, un lugar de maxia, ilusión e fantasía...

martes, 16 de maio de 2017

Día das Letras Galegas

Mañá día 17 de maio celebramos na nosa Comunidade o día das letras galegas, adicado este ano a Carlos Casares. No noso cole o traballaremos por aulas de diferentes xeitos que xa vos iremos amosando. Para comezar temos na entrada unha pequena exposición da obra de Carlos Casares. Tamén desde Dinamización Lingúística preparáronse uns marcapáxinas para que todos os nen@s o "personalicen" pola parte de atrás con debuxos ou textos sobre o autor ou a súa obra. Os alumnos de 5º prepararon un pequeno texto da obra de Casares "A galiña azul" co que nos queren demostrar a importancia de que exista a diversidade. Podedes ver as súas interpretacións neste video.
Se pinchades en calquera das imaxes inferiores poderedes ver unha pequena exposición da vida e obra de Carlos Casares.
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario