Benvidos a nosa Biblioteca, un lugar de maxia, ilusión e fantasía...

luns, 22 de maio de 2017

Obradoiro de escritura creativa

Nesta páxina poderedes ir vendo diferentes traballos que se van facendo relacionados coa expresión escrita, pero dunha forma máis creativa ca o habitual. Dende Dinamización propúxose facelo deste xeito e resulta máis divertido e motivador. Aquí podedes ver o resultado dos diferentes traballos.
Fotos vacacións  Fotos máquina de escribir  Fotos atrapasoños  Fotos planeta Fotos tiburón



martes, 16 de maio de 2017

Día das Letras Galegas

Mañá día 17 de maio celebramos na nosa Comunidade o día das letras galegas, adicado este ano a Carlos Casares. No noso cole o traballaremos por aulas de diferentes xeitos que xa vos iremos amosando. Para comezar temos na entrada unha pequena exposición da obra de Carlos Casares. Tamén desde Dinamización Lingúística preparáronse uns marcapáxinas para que todos os nen@s o "personalicen" pola parte de atrás con debuxos ou textos sobre o autor ou a súa obra. Os alumnos de 5º prepararon un pequeno texto da obra de Casares "A galiña azul" co que nos queren demostrar a importancia de que exista a diversidade. Podedes ver as súas interpretacións neste video.
Se pinchades en calquera das imaxes inferiores poderedes ver unha pequena exposición da vida e obra de Carlos Casares.
  

Visita de Migallas

Este martes día 9 tivemos a sorte de disfrutar dun espectáculo divertidísimo da man do grupo "Migallas" que nos veu presentar o seu último traballo "Pan de millo". Pasámolo xenial coas súas cancións e ocurrencias. Foi un rato moi agradable e entretido. Aquí tedes dous vídeos de dúas das cancións que cantamos con eles, e algunhas fotos do espectáculo.
Aquí máis fotos.



Canta arte nos pinceis!

Canta arte nos pinceis! Este é o título co que acollemos a exposición dos traballos do proxecto de biblioteca, no que este ano cada curso traballou un pintor.
- 3 anos: Kandinsky
- 4 anos: Frida Kahlo
- 5 anos: Salvador Dalí
- 1º E.P. Paul Klee
- 2º E.P. Van Gogh
- 3º E.P. Joan Miró
- 4º E.P. Munch
- 5º E.P. Andy Warhol
- 6º E.P. Klimt
Na entrada do cole pódese ver a variedade de traballos expostos, pero para os que non vos poidades pasar, aquí tedes algunhas fotografías dos mesmos.
   
  


martes, 9 de maio de 2017

Día do libro

Xa é coñecido por todos que o Día do Libro se celebra o 23 de abril. É unha data importante e un día sabe a pouco por iso imos adicar toda a semana a súa celebración. Para comezar todos os nenos truxeron algún dos seus libros favoritos e na hora de ler de toda a semana compartíamolos escollendo cada día o que máis nosustase. . AQUÍ MÁIS FOTOS