xoves, 9 de marzo de 2017
O día da Paz
Esta celebración tamén a quixemos centrar en torno a nosa "árbore" que este ano será a que acolla moitos dos nosos traballos. No día da paz encheuse de cor xa que foi vestida con moitos globos cheos de boas palabras e desexos de paz. A actividade consistiu en que cada neno escribiu un pequeno texto relacionado coa paz nun papel que logo introduciron nos globos. Eses globos lanzáronse e cada neno colleu un que explotou e leu a mensaxe que lle tocou.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario